Inicio / Xornada: "A Ruta do Impresionismo das Mariñas: Francisco Lloréns"

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Xornada: "A Ruta do Impresionismo das Mariñas: Francisco Lloréns"

Lloréns pintando en Ragda

Venres 10 de Novembro de 2017

12:15-14:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

O Consorcio As Mariñas, en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia, está desenvolvendo a Ruta do Impresionismo das Mariñas, enmarcada na figura do artista galego Francisco Lloréns Díaz. Esta Ruta, que está postulada a converterse en Itinerario Cultural Europeo persegue dous grandes obxectivos: pór en valor e divulgar a obra de Lloréns como “O pintor das Mariñas”, así como difundir o patrimonio natural, cultural, paisaxístico e turístico do territorio da Coruña e das Mariñas.

O vindeiro venres día 10 de novembro de 2017 ás 12.00 horas inaugurarase a Exposición Itinerante ao aire libre sobre este proxecto na cidade da Coruña, xusto diante da Fundación Barrié, onde se encontra a colección permanente do paisaxista galego Francisco Lloréns Díaz.
 
Ademais, de 12.15 a 14.00 horas desenvolverase no auditorio da Fundación Barrié unha interesante xornada co obxectivo de pór en valor a Ruta do Impresionismo, difundir a obra deste pintor galego de referencia internacional, así como avanzar na aposta decidida por conseguir para esta Ruta Europea do Impresionismo o recoñecemento como Itinerario Cultural Europeo. Realizarase tamén unha visita guiada pola exposición permanente do artista na Fundación Barrié.





PRÓXIMOS EVENTOS