Rafael Moneo

Inicio / Patrimonio e Cultura / Exposicións / Rafael Moneo

Rafael Moneo. Unha visión teórica desde a profesión. Materiais de Arquivo (1961-2013)

2013-2014, Fundación Barrié, A Coruña / 2014, Centro Cultural de Belem, Portugal/ 2016, Mextrópoli, México/ 2016, HKDI Hong Kong Design Institute

Trala súa presentación na Fundación Barrié, a exposición viaxou ao CCB (Centro Cultural de Belém) de Lisboa e Mextrópoli, México.

A súa presentación no HKDI Hong Kong Design Institute é do 22 de outubro de 2016 ao 14 de xaneiro de 2017. 

A exposición Rafael MoneoUnha Reflexión Teórica desde a Profesión. Materiais de arquivo 1961-2013 é a primeira retrospectiva do arquitecto. A exposición, comisariada por Francisco González de Canales da Architectural Association de Londres, é unha produción propia da Fundación Barrié, organizada en colaboración co estudio de Rafael Moneo e foi presentada na Coruña en 2013. 

José María Arias, presidente da Fundación Barrié, sitúa a mostra no marco da liña expositiva da Fundación dedicada á Arquitectura: “Mies Van der Rohe, Le Corbusier, David Chipperfield, Gonçalo Byrne… e agora Rafael Moneo. Con este novo proxecto, a Fundación Barrié segue a render homenaxe a aqueles que entenden, coma nós, a arquitectura non como un espectáculo ou un alarde técnico e estético, senón como un nexo entre os habitantes da cidade e a experimentación do espazo”.

A exposición organízase en cinco seccións biográficas que abordan toda a súa carreira, onde se mostran 46 proxectos a través de 18 maquetas, entre as que se encontra a do Museo Nacional de Arte Romana (Mérida), unha das súas obras máis emblemáticas; 142 fotografías e 98 debuxos orixinais.

A escolma de materiais pon especial énfase na importancia do debuxo como ferramenta fundamental da cal o arquitecto se valeu para desenvolver o seu traballo e como medio para definir o seu pensamento. Acompañan aos debuxos, maquetas e fotografías do arquivo que axudan a ilustrar as obras seleccionadas. Esta é a primeira ocasión na que un conxunto tan significativo de debuxos orixinais ven a luz para amosar o oficio e o pensamento de Rafael Moneo.


Exposición Rafael Moneo


Exposición Moneo Hong Kong

CONTIDOS RELACIONADOS