Achégate á Robótica

Inicio / Educación / Promoción do éxito escolar / Achégate á Robótica

Achégate á Robótica

Obradoiros de Robótica 2018

Prazo de inscrición do 5/09/2018 ata o 05/10/2018. Prazas limitadas
 
A Fundación Barrié organiza Achégate á Robótica, un programa que promove a robótica educativa para o fomento das vocacións científico-tecnolóxicas, á vez que favorece o desenvolvemento de competencias como a comunicación, o traballo en equipo, a xestión do tempo, a análise e a resolución de problemas, todas elas chave para o desenvolvemento persoal e profesional.
 
Achégate á Robótica está dirixida a estudantado de Educación Primaria (3º ciclo) e Educación Secundaria Obrigatoria, que será agrupado por ciclos educativos: 5º e 6º de Primaria; 1º e 2º de ESO; e 3º e 4º de ESO. A actividade terá unha duración de 2 horas e un máximo de 50 participantes. Para participar non cumprirá dispoñer de coñecementos previos en robótica e programación.
 
Datas e lugar de celebración: do 19 ao 23 de novembro de 2018, ambos inclusive, en diversidade de horarios, entre as 9.30h e as 17.30h. Fundación Barrié, sede A Coruña (Rúa Cantón Grande, 9)

Equipos e materiais: Robots educativos Makeblock mBot, programables desde tabletas (todos os materiais serán proporcionados pola Fundación Barrié).
 
 
 


Programa


Achégate á robótica


Prazo de inscrición

CONTIDOS RELACIONADOS