Conmemoración Día da Ciencia en Galicia

Inicio / Educación / Promoción do éxito escolar: educaBarrié / Conmemoración Día da Ciencia en Galicia

Día da Ciencia en Galicia

A Real Academia Galega de Ciencias celebra desde 2008 o Día da Ciencia en Galicia, co obxectivo de divulgar a investigación e a ciencia entre a sociedade en xeral e entre a comunidade educativa en particular.

Día da Ciencia en Galicia celébrase o 8 de outubro, data que conmemora o nacemento do Padre Benito Jerónimo Feijóo Montenegro, promotor indiscutible da Ciencia no seu primeiro intre.

Os científicos homenaxeados ata o momento son Enrique Vidal Abascal, Isidro Parga Pondal, Cruz Gallastegui Unamuno, Ramón Mª  Aller Ulloa, Antonio Casares Rodríguez, Fray Jerónimo Benito Feijoo Montenegro, Luis Iglesias Iglesias e Ángeles Alvariño González.

A Fundación Barrié colabora neste importante proxecto coa elaboración e difusión de materiais didácticos sobre a vida e a obra dos homenaxeados.

Este ano o homenaxeado é o químico Ignacio Ribas, artífice do despegue da química orgánica en Galicia grazas aos seus traballos sobre a obtención de produtos naturais a partir de especies vexetais autóctonas.

Autor de 157 publicacións científicas, cofundador e primeiro presidente do Grupo Especializado de Química Orgánica da Real Sociedad Española de Física e Química e creador da escola compostelá de química de produtos naturais, de gran prestixio internacional.

Obtivo numerosas distincións, como a Medalla de Ouro da Universidade de Salamanca, o Premio de Ciencias do CSIC, a Gran Cruz da Orde Civil de Alfonso X O Sabio e o nomeamento como Doutor Honoris Causa pola Universitat de les Illes Balears. Ademais Premio Galicia de Investigación e Medalla Castelao da Xunta de Galicia. 

Para coñeceres mellor a súa figura e mais a súa obra podes descargar a unidade didáctica e o vídeo:


 

 

Científicos homenaxeados ata o momento



Ángeles AlvariñoLuis Iglesias IglesiasBenito Jeronimo FeijooAntonio Casares

Ramón Aller UlloaCruz GallasteguiIsidro Parga PondalEnrique Vidal Abascal

 

  

 
 


 

CONTIDOS RELACIONADOS