Premios Xoves Investigadores

Inicio / Ciencia / Apoio á investigación científica / Premios Xoves Investigadores

Premios Xoves Investigadores no Estranxeiro

O Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), en colaboración coa Fundación Barrié, Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e The Company of Biologist (UK), organizan a V Reunión Galega de Xoves Investigadores no Estranxeiro na sede da Fundación Barrié na Coruña.
 
O encontro pretende coñecer o traballo e os resultados de investigación que investigadores galegos están a realizar fóra das nosas fronteiras. Dous dos obxectivos deste encontro son (i) promover a colaboración e (ii) dar visibilidade a estes investigadores altamente competitivos.
 

A Fundación Barrié concedeu dous premios ás dúas mellores traxectorias profesionais que recaeron en David Brea, doutor pola Universidade de Santiago de Compostela e cuxa traxectoria está enfocada no estudo dos mecanismos de dano e reparación en proceso de isquemia cerebral e, Claudia Gómez, licenciada en Química e doutora en Química Inorgánica así como antiga bolseira da Fundación Barrié. A maiores, a Universidade da Coruña concedeu dous premios ás mellores presentacións orais. 

CONTIDOS RELACIONADOS