Inicio / Sala de prensa / Nota de prensa Noite dos Museos 2016

BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2017

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


A Fundación Barrié permanecerá aberta o sábado, 21 de maio, en horario continuo desde as 12.00 ata a 01.00 horas, co gallo da celebración da Noite dos Museos 2016

19-05-2016

  • O sábado, 21 de maio, a Fundación permanecerá aberta, en horario continuo desde as 12.00 ata a 01.00 horas, co gallo da celebración da Noite dos Museos 2016.
  • O público poderá visitar A Colección. Adquisicións 2016, unha exposición que  presenta as recentes adquisicións da Colección de Pintura Contemporánea Internacional da Fundación Barrié; e a Exposición  Permanente Francisco Lloréns.

Noite dos Museos 2016 na Fundación Barrié
© Fundación Barrié

A Coruña, 19 de maio de 2016.- A sede da Fundación Barrié na Coruña (Cantón Grande, 9) súmase un ano máis á celebración da Noite dos Museos coa apertura de maneira especial das súas salas de exposicións o sábado, 21 de maio, en horario continuo desde as 12.00 ata a 01.00 horas do domingo. Deste xeito, o público que se achegue á Fundación Barrié poderá visitar, en horario continuo e ampliado a horario nocturno:
 
 

  • A Colección. Adquisicións 2016 , exposición que presenta ao público, desde o 21 ao 29 de maio, na súa sede da Coruña, as 6 obras recentemente adquiridas en ARCO 2016 e na nova feira de Drawing Room, co obxecto de seguir a ampliar a súa colección de pintura internacional contemporánea. Trátase da obra dos artistas galegos Kiko Pérez e Manuel Eirís, os españoles Néstor Sanmiguel Diest e Raúl Artiles e as portuguesas Ana Santos e Ana Manso.

A Fundación Barrié mantén o seu compromiso coa arte contemporánea a través da súa colección de pintura contemporánea incorporando 6 artistas que traballan distintas vertentes do pictórico desde outros soportes como o debuxo, a escultura, o deseño ou os procesos performativos, investigando sobre as posibilidades pictóricas que se dan dentro e fóra da pintura para acabar fracturando os propios límites que poden definir o que entendemos por pintura hoxe.

  • Exposición Permanente Francisco Lloréns, unha coidada escolma de obra significativa da traxectoria artística de Francisco Lloréns que arranca co autorretrato da súa etapa romana, sen esquecer exemplos coloristas cunha marcada influencia sorolliana, ata obras realizadas en Galicia, incluíndo o seu último lenzo, A vela vermella.

Día Internacional dos Museos 2016

Cada ano desde 1977, celébrase no mundo enteiro o Día Internacional dos Museos arredor do 18 de maio. De América a Oceanía pasando por Europa, Asia e África, o Día Internacional dos Museos é a ocasión para concienciar o público en xeral verbo do papel dos museos no desenvolvemento da sociedade. O Comité consultivo do Consello Internacional dos Museos (ICOM) decidiu que en 2016 o evento xirará arredor do tema: Museos e Paisaxes Culturais. O tema proposto presupón unha forma de responsabilidade dos museos con respecto á paisaxe da que forman parte, á cal poden achegar a súa contribución de coñecementos e competencias propias, sendo protagonistas activos da súa xestión e bo mantemento. A misión principal dos museos é velar sobre o patrimonio, que estea dentro ou fóra dos seus muros. A súa vocación natural é de ampliar a súa misión e despregar as súas propias actividades no campo aberto do patrimonio cultural e da paisaxe que os entorna e do cal poden asumir a responsabilidade, en graos diversos.  Resaltar o lazo existente entre os museos e o patrimonio cultural é tamén facer xurdir a idea de museos como centro territorial dunha protección activa da paisaxe cultural.