Mentores Barrié para a investigación

Inicio / Ciencia / Formación do talento investigador / Mentores Barrié para a investigación

Mentores Barrié para a investigación

Mentores Barrié para a investigación é a rede de mentoring da Fundación Barrié especializada no desenvolvemento da carreira investigadora.

mentoring é unha ferramenta destinada a desenvolver o potencial das persoas, baseada na transferencia de coñecementos e a aprendizaxe a través da experiencia.

Unha persoa de máis experiencia (mentor) guía, axuda e orienta a outra (mentee ou mentorizado) a desenvolver o seu talento para aplicalo en todas as situacións da súa vida persoal e profesional obtendo os mellores resultados e acadando os obxectivos propostos.

Formada principalmente por investigadores sénior pero tamén por outros profesionais, directivos, e empresarios, que actúan como mentores de investigadores vencellados coa Fundación por algún dos seus proxectos formativos.

A Fundación, como xestora da rede, selecciona os mentores, dálles a formación necesaria e avalía os procesos de mentoring.

A Fundación Barrié conta cunha metodoloxía propia onde a clave está na profesionalización dos mentores e a organización, seguimento e avaliación dos procesos de mentoring.

Preténdese con iso reforzar e complementar as accións formativas que a Fundación realiza para o desenvolvemento da carreira profesional de investigadores, incluíndo os programas de bolsas para investigadores e a formación en competencias (tales como os GRADschool, ou os programas de liderado en investigación).