Historia

Durante os seus cincuenta anos de historia a Fundación Barrié apoiou o desenvolvemento de Galicia en todos os ámbitos: creando infraestruturas educativas e de comunicación, sendo pioneira na introdución das tecnoloxías no ensino, editando obras de referencia no eido das humanidades e da economía, outorgando bolsas para o mellor talento do noso país coa vista posta no retorno, participando activamente na loita pola conservación do patrimonio.


Ciclo de órgano de Jazz

1996

Cun ciclo de órgano de Jazz, comezan os ciclos de jazz da Fundación, que se manterán durante máis de 15 anos e traerán a Galicia artistas de primeira liña do panorama internacional, transformando a cultura musical do noso país.

anterior

siguiente

Asociación de Bolseiros

1996

Naceu a Asociación para fomentar a relación e o apoio mutuo entre os bolseiros e o seu vínculo coa Fundación, coa finalidade última de que o programa de bolsas teña unha repercusión sobre toda a sociedade e se poida maximizar o retorno social de cada unha das bolsas que a Fundación concede.

anterior

siguiente

Reconstrución do Coro do Mestre Mateo

1999

A posibilidade de reconstruír o vello coro obra do mestre Mateo que fora desmontado a principios do século XVII e se achaba esparexido por diversas partes da Catedral, foise debuxando a partir da segunda metade do século XX, con estudos de Pita Andrade e Chamoso Lamas aos que se engadiron os achados e estudos de Ramón Otero Túñez e Ramón Izquierdo Perrín, autores da actual reconstrución.

anterior

siguiente

Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes

1999

Carmela Arias recibe de mans do rei Juan Carlos I a medalla de ouro ás Belas Artes coa que se pretende "distinguir ás persoas e entidades que destacasen de modo eminente no campo da creación artística, prestando servizos sinalados ou fomentando notoriamente o ensino, o desenvolvemento e difusión da arte ou a conservación do patrimonio artístico nacional".

anterior

siguiente

Carmela Arias, Cruz de Isabel a Católica

2002

A orde de Isabel a Católica, orientada fundamentalmente ao fomento da cooperación internacional en especial con Iberoamérica, é unha das máis importantes distincións concedidas polo Estado español. O seu obxectivo tal e como define o real decreto de 1998 é "premiar aqueles comportamentos extraordinarios de carácter civil, realizados por persoas españolas e estranxeiras, que redunden en beneficio da Nación ou que contribúan, de modo relevante, a favorecer as relacións de amizade e cooperación da Nación Española co resto da Comunidade Internacional".

anterior

siguiente

Medalla de Honra da Asociación Española de Fundacións

2004

A Asociación Española de Fundacións otorgou no seu primeiro ano de andaina excepcionalmente dúas medallas de honra: a primeira ao rei Juan Carlos I e a segunda á presidenta da Fundación Carmela Arias y Díaz de Rábago.  

anterior

siguiente

Inauguración da sede de Vigo

2005

A inauguración da sede de Vigo, en outubro de 2005, permitiu á Fundación dar un chimpo cara adiante de grande impacto cualitativo e achegar ao sur de Galicia as actividades educativas e sociais da Fundación. En 2007, a sede de Vigo foi galardoada con dous prestixiosos premios: o Premio FAD de Arquitectura e Interiorismo, na categoría de interiorismo, e o premio Saloni na categoría de Arquitectura Interior.

anterior

siguiente