Graciela Iturbide

Inicio / Patrimonio e Cultura / Exposicións / Graciela Iturbide

Graciela Iturbide

Desde o 24 de outubro de 2018 ata o 27 de xaneiro de 2019, sede da Coruña

Exposición organizada pola Fundación MAPFRE en colaboración coa Fundación Barrié

 
A Fundación Barrié presenta na súa sede da Coruña a exposición da artista mexicana Graciela Iturbide, considerada como unha das fotógrafas máis influentes de América do Sur. A mostra, composta por 156 fotografías, propón unha viaxe transversal pola obra de Graciela Iturbide que, partindo das súas imaxes máis antigas, chega ata a súa obra máis recente. Sen atender a unha estrita orde cronolóxica, os seus proxectos máis representativos quedan ligados a aquelas temáticas que mellor definen o seu poderoso imaxinario creativo.
Graciela Iturbide (Cidade de México, 1942) é unha das fotógrafas mexicanas máis destacadas da escena contemporánea internacional. Ao longo de catro décadas foi construíndo unha obra absolutamente única, fundamental para comprender a evolución que tivo a fotografía en México e no resto de América do Sur.
 
Fundación MAPFRE, consciente da importancia da obra de Graciela Iturbide, adquiriu entre os anos 2008 e 2011 a colección máis completa que existe do seu traballo, un total de cento oitenta e seis fotografías que supón un completo percorrido transversal pola súa obra desde os seus primeiros proxectos ata algún dos máis recentes. Todas as fotografías que compoñen esta exposición pertencen ás coleccións de Fundación MAPFRE.


Foto cabeceira. Mujer ángel, Desierto de Sonora, México, 1979 @Graciela Iturbide, 2018


Nota de prensa


Nota de prensa Inauguración


INAUGURACIÓN


DIDÁCTICA


EXPOSICIÓN


UNIDADE DIDÁCTICA

GALERÍA DE IMAXES

  • 4. Khajuraho, India, 1998 Xelatina de prata Coleccións Fundación MAPFRE

    Graciela Iturbide, 2018

  • 6. O baño de Frida, Coyoacán, Cidade de México, 2006 Xelatina de prata Coleccións Fundación MAPFRE

    Graciela Iturbide, 2018

  • 13. Jano, Ocumichu, Michoacán, México, 1980 Xelatina de prata Coleccións Fundación MAPFRE

    Graciela Iturbide, 2018

  • 16. Nosa Señora das Iguanas, Juchitán, México, 1979 Xelatina de prata Coleccións Fundación MAPFRE

    Graciela Iturbide, 2018

  • 18. Ollos para voar?, Coyoacán, México, 1991 Platino Coleccións Fundación MAPFRE

    Graciela Iturbide, 2018

VIDEO

Vídeo de "Graciela Iturbide"

Fundación Barrié

CONTIDOS RELACIONADOS