Francisco Llorens (1874-1948)

Inicio / Patrimonio e Cultura / Exposicións / Francisco Llorens (1874-1948)

Francisco Llorens (1874-1948)

Sede A Coruña

A Fundación Barrié presenta na súa sede da Coruña o espazo destinado á exposición permanente Francisco Lloréns. Das 27 obras que conforman esta mostra, 25 forman parte do legado de 59 obras que Eva Llorens, filla maior do pintor, doou á Fundación en 1988. Antes da súa exposición, todas as pinturas ao óleo da colección foron restauradas pola Fundación.

Con este espazo, a Fundación Barrié reafirma o seu compromiso de dedicar unha sala permanente na súa sede da Coruña a esta colección. Coa doación efectuada en 1988, e que procede en parte do legado familiar e en parte de obras adquiridas para complementala, Eva Lloréns fixo realidade a súa intención de deixar en Galicia unha mostra moi representativa da obra do seu pai.
 
Francisco Lloréns (A Coruña 1874-Madrid 1948), profesor, pintor e debuxante, está considerado como o primeiro paisaxista galego da Historia da Arte. Formado na Coruña e Madrid, alumno da Escola de Belas Artes de San Fernando e discípulo de Sorolla, pensionado da Academia Española de Roma e viaxeiro por Europa, Lloréns atopou en Galicia o medio natural ideal para expresarse artisticamente. Relacionado coa intelectualidade galega e figura senlleira do Rexurdimento, reflectiu na súa obra das pradarías ás rías, das costas mariñas aos interiores boscosos e das rúas e monumentos das súas cidades históricas ás casas tradicionais e os xardíns dos pazos das bisbarras máis fermosas.

CONTIDOS RELACIONADOS