Inicio / Exposición: "Trazos mestres: debuxos holandeses e flamencos do Victoria and Albert Museum"

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Exposición: "Trazos mestres: debuxos holandeses e flamencos do Victoria and Albert Museum"

Venres 01 de Marzo de 2019
Domingo 23 de Xuño de 2019
11:00-14:00 y 17:00-20:00
Dende luns ata domingo (festivos incluídos)

Sede A Coruña

Aforo limitado

Aberto ao público

Rembrandt van Rijn, Peter Paul Rubens, Sir Anthony van Dyck e Brueghel o Vello son algúns dos nomes que forman parte da exposición “Trazos mestres: debuxos holandeses e flamencos do Victoria and Albert Museum” e que a Fundación Barrié acolle na súa sede da Coruña a partir do 1 de marzo. A mostra, comisariada por Louise Cooling, anterior comisaria adxunta do V&A, está composta por 90 obras dos séculos XVI ata o XIX pertencentes á colección de debuxos holandeses e flamencos da Idade de Ouro do Victoria and Albert Museum, unha das máis destacadas e extensas de Gran Bretaña. Tras a súa presentación en Londres e o seu paso polos Estados Unidos, a presentación na Fundación Barrié é a primeira en Europa, fóra do museo británico.
 
Con esta exposición, que coincide coa conmemoración do 350 aniversario do pasamento de Rembrandt e do 450 aniversario do pasamento de Pieter Brueghel o Vello en 2019, a Fundación Barrié continúa achegando a Galicia obras de grandes mestres da arte nacional e internacional.
 
Durante o transcurso da exposición, a Fundación Barrié organizará unha serie de actividades complementarias, entre elas obradoiros didácticos para centros de ensino, colectivos de diversidade funcional e familias.

A exposición

A exposición divídese en 5 grandes apartados, ofrecendo deste xeito un percorrido por un período de extraordinaria prosperidade e produción artística: Pre-Idade de Ouro; Relixión e MitoloxíaPersoasPaisaxes e Pos-Idade de Ouro. Obras de referentes ineludibles na historia da arte estarán acompañadas de ricas coleccións doutros artistas de menor sona da Idade de Ouro, tales como Hans Bol e Jacob Jordaens, mais que demostran a diversidade e duradeira excelencia artística e técnica dos artistas neerlandeses do XVII.
 
A mostra inclúe retratos, estudos de figuras, escenas de xénero, paisaxes e estudos botánicos, ademais de deseños de vidreiras, tapices e gravados. Agruparanse os debuxos temática e cronoloxicamente para demostrar tanto os contrastes como as semellanzas entre os estilos artísticos e as prácticas dos artistas que traballaban no norte e no sur dos Países Baixos no devandito período.
 
A mostra comezará con debuxos holandeses do século XVI, demostrando o desenvolvemento de temas de paisaxe, xénero e relixiosos do século anterior á Idade de Ouro. Entre as obras destacadas están as primeiras paisaxes de Hans Bol e Matthijs Cock, ademais de obras relixiosas de Jan Swart van Groningen, Lambert Lombard e Pieter Coecke van Aelst.

Como parte dunha escolma de debuxos do XVII, amosarase unha importante colección de estudos de figuras formando parte central da composición. Tamén presentará estudos preparatorios do natural, debuxos de retratos e pezas de xénero, incluíndo un raro debuxo a acuarela de Jacob Savery. A mostra explora tamén como os artistas da Idade de Ouro do norte e o sur dos Países Baixos se relacionaban co mundo natural por medio de paisaxes, naturezas mortas e estudos de flores. Presentaranse paisaxes dos artistas flamencos Paul Bril e Jan Breughel o Vello, así como pioneiros da tradición paisaxística holandesa como Cornelis Vroom e Jan van Goyen, ademais dunha importante paisaxe tardía de Rembrandt.

Unha das seccións da exposición dedicarase a temas relixiosos, mitolóxicos e alegóricos, entre os que se inclúen debuxos de Rembrandt e Van Dyck, que representan os contrastes entre temas relixiosos da República Protestante dos Países Baixos e o sur destes, da Contrarreforma católica, no século XVII. Entre as máis destacadas inclúese o primeiro debuxo preparatorio de Van Dyck para a perdida Cristo coroado de espiñas, con anterioridade no Kaiser Friedrich Museum de Berlín, pero destruído na Segunda Guerra Mundial.
 
A exposición concluirá cunha escolma de debuxos dos séculos XVIII e XIX, que demostran a influencia continua da arte da Idade de Ouro nos artistas activos nun período de cambio xeográfico e político no norte e no sur dos Países Baixos.
 
Trazos mestres: debuxos holandeses e flamencos segue un estudo de 10 anos realizado por Sir Christopher Wren, antigo director do Ashmoleum Museum de Oxford e Jane Shoaf Turner, xefa do Rijksprentenkabinet de Ámsterdam, co obxectivo de catalogar e debater cada unha das obras da extensa colección de aproximadamente 700 debuxos holandeses e flamencos que abranguen un período de máis de 400 anos, explorando descubrimentos recentes y re-atribucións.



PRÓXIMOS EVENTOS