UDCienciaBarrié

Inicio / Educación / Promoción do éxito escolar: educaBarrié / UDCienciaBarrié

UDCienciaBarrié. Ven gozar da ciencia connosco

Feira Científica

UDCienciaBarrié é unha feira científica organizada pola Fundación Barrié e a Universidade da Coruña, coa colaboración do grupo de divulgación científica udcbigbang, a Facultade de Ciencias e a Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña, que propón Charlas de Ciencia para centros educativos con escolares de ESO e Bacharelato e Obradoiros científicos para os escolares de 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO.

Coa iniciativa UDCienciaBarrié, queremos levar a ciencia a toda a sociedade e á comunidade educativa dun xeito asequible, entretido e divertido, sen esquecer o sentido crítico e o rigor científico.

PROGRAMA

Data: Do 24 ao 29 de outubro de 2016
Lugar de celebración: Fundación Barrié. Cantón Grande, 9, A Coruña 
Obradoiros e charlas para grupos escolares

Do 24 ao 28 de outubro
MODALIDADES:

  • OBRADOIROS para grupos de 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO
  • CHARLAS para grupos de Bacharelato
  • CHARLAS + OBRADOIRO para grupos de 3º e 4º de ESO

Pode consultar os horarios no Formulario de Inscrición

Obradoiros para familias

Sábado, 29 de outubro
SESIÓNS:

  • De 16:00h a 17:30h
  • De 17:30h a 19:00h
  • De 19:00h a 20:30h

Entrada libre / capacidade do local limitada

 


Inscripción para Centros Escolares


Talleres científicos


Charlas científicas

CONTIDOS RELACIONADOS