Feira Científica UDCiencia

Inicio / Educación / Promoción do éxito escolar / Feira Científica UDCiencia

Feira Científica UDCiencia

AFORO COMPLETO
 

A Fundación Barrié organiza unha nova edición da feira científica UDCiencia coa colaboraciónla do grupo UDCiencia d+i (divulgación científica e innovación docente) da Universidade da Coruña, co obxectivo de espertar a curiosidade pola ciencia e contribuír ao desenvolvemento de vocacións científicas no alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria de todos os centros educativos de Galicia.

UDCiencia contará nesta edición cun total de 12 obradoiros prácticos en distintos ámbitos da ciencia e da tecnoloxía, e permitirá coñecer de primeira man o traballo de investigadores e estudantes da Universidade da Coruña.

Datas e lugar de celebración: dende o 25 ata o 29 de marzo de 2019, ambos inclusive, en diversidade de horarios, entre as 09.30h e as 14.00h. Fundación Barrié, sede A Coruña (Rúa Cantón Grande, 9). A actividade terá unha duración total de 2 horas e un máximo de 60 participantes. 


 


Formulario cesión de datos


Accede ao programa

CONTIDOS RELACIONADOS