
LIÑA ESTRATÉXICA
Promoción do éxito escolar
Queremos ser un punto de encontro de profesores, estudantes, pais e nais e investigadores interesados na innovación educativa, un lugar onde compartillar a experiencia e plantexar novos retos, con todos os nosos proxectos ao voso alcance para traducilos á linguaxe educativa.
Formación do profesorado
A profesión de docente enfróntase cada día a novos retos posto que ocupa a primeira liña nos cambios sociais e tecnolóxicos. Apoiarmos a súa formación continua é clave á hora de facer funcionar o noso modelo educativo
Fomento de vocacións científico-tecnolóxicas
É nas xeracións más novas onde se debe incidir para acadar un futuro tecido investigador, pero ademais o mundo investigador non debería ser estanco nin alleo nunha formación integral da persoa. Por iso cultivamos os aspectos máis creativos da ciencia, que nunca foi allea nin á intuición nin á beleza.
Educación en valores
Ningún aspecto da educación implica a toda a sociedade como a da transmisión daquilo que realmente importa, aqueles referentes inmateriais claves para a realización persoal e a convivencia cos demais
PROXECTOS FINALIZADOS
CONTIDOS RELACIONADOS