Inicio / Patrimonio e Cultura / Conferencias / Fundación Amigos do Museo do Prado / Ramón Andrés

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia "Un tempo de cantar e un tempo de calar. A música nos escritos bíblicos" a cargo de Ramón Andrés

O rei David, Mestre de Becerril

Museo do Prado

Xoves 17 de Decembro de 2015

20:00

Sede Vigo

Aforo limitado

Aberto ao público

Ramón Andrés
Ensaísta e músico
Título: Un tempo de cantar e un tempo de calar. A música nos escritos bíblicos.

Resumo: Non só nas palabras, non só nos escritos. A Biblia tamén encontra na música unha revelación, un modo de pensar o divino a través do son. Ante a invisibilidade de Yahveh, e non menos de Baal, cumpriu a escoita, entender a voz do vento que chegaba do deserto. Un ouvido que espera atento e trata de descifrar aquilo que descoñece. Este agardar, este escoitar, foi o primeiro camiño para a creación dunha conciencia auditiva aberta ao sobrenatural. Despois veu o canto, a danza, os instrumentos que, xa desde os primeiros tempos, adquiriron un valor simbólico. David, apaciguando coa súa lira a melancolía de Saúl; o obradoiro onde Túbal Caín forxaba as súas trompetas de ferro e cobre; a música festiva arredor do Becerro de Ouro; a resonancia do sofar ante as murallas de Xericó; a liturxia do Templo; Jubal, evocado na Xénese como pai dos músicos, protagonizan, entre outros moitos, uns episodios bíblicos que axudan a entender a función ritual e metafísica que a música adquiriu no Libro dos libros.





ETIQUETADO EN: CONFERENCIAS  ,  PRADO  ,  ARTE  ,  MUSEO  ,  BIBLIA  ,  REY  ,  DAVID

PRÓXIMOS EVENTOS