Inicio / Exposicións / Trazos mestres / Didáctica Trazos mestres / Didáctica para profesorado: MAKEY-MAKEY, a ferramenta para fomentar a robótica creativa

Obradoiros de Formación para profesores: MAKEY-MAKEY, a ferramenta para fomentar a robótica creativa

Dirixido a: Profesores de todos os niveis
 
Todos os xoves durante os meses de maio e xuño 2019
 
1º Sesión: 17.00h – 18.30h
2º Sesión: 18.30h – 20h
 
Máximo aforo por sesión: 15 persoas
 
Actividade de balde previa inscrición

Co gallo da exposición "Trazos mestres: debuxos holandeses e flamencos do Victoria and Albert Museum"  durante os meses de Maio e Xuño póñense en marcha uns obradoiros dirixidos a docentes que pretenden amosar as posibilidades didácticas da placa electrónica Makey Makey.
 
Estes obradoiros ofértanse pensando nas actuais necesidades formativas dos docentes pola necesidade de Integrar STEAM na aula como parte da educación por proxectos.
 
Descrición

Makey é unha palabra inventada, froito de unir os anglicismos make (facer) e key (tecla). Makey-Makey defínese como un kit co cal calquera pode converterse en inventor, posto que nos permite facer interfaces entre o noso computador, o software que programemos e case de calquera obxecto do mundo real. Esta iniciativa de dous estudantes do MIT Media Lab baixo a supervisión de Mitch Resnick (creador de Scratch), fai posible dun xeito moi sinxelo e atraente combinar a programación coa expresión artística e o deseño, no seu máis amplo sentido.
 
Obxectivos

  • Coñecer as características técnicas da controladora Makey-Makey.
  • Usar Makey-Makey para deseñar interfaces orixinais e atraentes.
  • Coñecer novas tendencias educativas e enfoques para aproximarse ao pensamento computacional.
  • Fomentar a aprendizaxe transversal, activa e significativa a través da arte.
  • Fomentar o uso dunha metodoloxía activa e creativa usando Makey-Makey como ferramenta interdisciplinar.
Contido

  • Enfoque STEAM: Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas conectadas coas expresións artísticas.
  • A placa Makey-Makey. Características, funcionalidades e uso.
  • Exemplos de traballos interdisciplinares con Makey-Makey.
  • Reprodución / adaptación de proxectos Makey-Makey


Formulario de inscripción