Di K Non

Inicio / Acción Social / Prevención / Di K Non

Di K Non - Obradoiros para a prevención do consumo de drogas

Prazo de inscrición: dende o 10 de maio ata o 10 de xuño de 2019.

A Fundación Barrié organiza, en colaboración coa Unidade Terapéutica e Educativa do Centro Penitenciario de Teixeiro (A Coruña), os obradoiros Di K Non para a prevención do consumo de drogas en adolescentes.
Di K Non está dirixido ao alumnado de Ensino Secundario, Bacharelato e Formación Profesional dos centros educativos públicos, privados e concertados das provincias de Lugo e A Coruña.
 
A actividade, baseada no intercambio de experiencias con internos da Unidade Terapéutica Educativa do Centro Penitenciario de Teixeiro, desenvólvese en dúas sesións: a primeira ten lugar no centro educativo; a segunda realízase no Centro Penitenciario, permitindo ao alumnado profundar na realidade das persoas privadas de liberdade.
 
Por mor das especiais características desta actividade, Di K Non ofrécese a un máximo de 10 centros educativos por curso académico. A selección dos centros participantes realizarase mediante sorteo aleatorio entre todos os solicitantes que cumpran os requisitos establecidos no programa.
 
Máis de 8.900 estudantes e 570  profesores de Galicia participaron en Di K Non dende a súa posta en marcha no ano 2011. Unha experiencia única de sensibilización e concienciación sobre os riscos e as consecuencias do consumo de drogas.
 
Datas de celebración: dende outubro de 2019 ata abril de 2020.
Actividade de balde: Prazas limitadas.
Inscrición: Grupos escolares, solicitado polo centro educativo.


Formulario de Inscripción


Dossier


Participantes convocatorias anteriores

GALERÍA DE IMAXES

  • Taller Di K Non

    Fundación Barrié

  • Taller Di K Non

    Fundación Barrié

  • Taller Di K Non

    Fundación Barrié

CONTIDOS RELACIONADOS