Di K Non

Inicio / Acción Social / Prevención / Di K Non

Di K Non - Talleres para la prevención del consumo de drogas

A Fundación Barrié organiza, en colaboración coa Unidade Terapéutica e Educativa do Centro Penitenciario de Teixeiro (A Coruña), os obradoiros Di K Non para a prevención do consumo de drogas en adolescentes.

Di K Non está dirixido ao alumnado de Ensino Secundario, Bacharelato e Formación Profesional dos centros educativos públicos, privados e concertados das provincias de Lugo e A Coruña.
 
A actividade, baseada no intercambio de experiencias con internos da Unidade Terapéutica Educativa do Centro Penitenciario de Teixeiro, desenvolverase en dúas sesións:

  • A primeira sesión reílizase no propio centro educativo. Membros do equipo de profesionais da UTE Teixeiro, acompañados por un grupo de internos da mesma Unidade, realizan unha serie de actividades para compartir as súas vivencias, ofrecer información, propiciar reflexión e tratar de dar resposta ás inquedanzas do alumnado, axudándoos ao mesmo tempo a identificar situacións de risco. Unha das actividades é a obra teatral “O Soño de Vivir”, de 15 minutos de duración interpretada polos internos.  
  • A segunda sesión ten lugar no C.P. de Teixeiro, permitindo ao alumnado penetrar na realidade das persoas privadas de liberdade.
Por mor das especiais características desta actividade, Di K Non ofrécese a un máximo de 10 centros educativos por curso académico. A selección dos centros participantes realizarase mediante sorteo ao chou entre todos os solicitantes que cumpran os requisitos establecidos no programa.
 
Máis de 8.900 estudantes e 570  profesores e profesoras de Galicia participaron en Di K Non desde a súa posta en marcha no ano 2011. Unha experiencia única de sensibilización e concienciación sobre os riscos e as consecuencias do consumo de drogas.
 
Datas de celebración: desde outubro 2019 ata abril 2020.
Actividade de balde: Prazas limitadas.
Inscrición: Grupos escolares, solicitado polo centro educativo
Prazo de solicitude obradoiros 2019-2020: pechado


Dossier Di K Non

GALERÍA DE IMAXES

  • Programa DI K NON_1_Foto Rocío Cibes

    ©Fundación Barrié

  • Programa DI K NON_2_Foto Rocío Cibes

    ©Fundación Barrié

  • Programa DI K NON_3_Foto Rocío Cibes

    ©Fundación Barrié

  • Programa DI K NON_4_Foto Rocío Cibes

    ©Fundación Barrié

  • Programa DI K NON_5_Foto Rocío Cibes

    ©Fundación Barrié

  • Programa DI K NON_6_Foto Rocío Cibes

    ©Fundación Barrié

  • Programa DI K NON_7_Foto Rocío Cibes

    ©Fundación Barrié

  • Programa DI K NON_8_Foto Rocío Cibes

    ©Fundación Barrié

  • Programa DI K NON_9_Foto Rocío Cibes

    ©Fundación Barrié

  • Programa DI K NON_10_Foto Rocío Cibes

    ©Fundación Barrié

  • Programa DI K NON_11_Foto Rocío Cibes

    ©Fundación Barrié

  • Programa DI K NON_13_Foto Rocío Cibes

    ©Fundación Barrié

  • Programa DI K NON_14_Foto Rocío Cibes

    ©Fundación Barrié

CONTIDOS RELACIONADOS