Fundación Amigos do Museo do Prado

Inicio / Patrimonio e Cultura / Conferencias / Fundación Amigos do Museo do Prado

A ARTE FANTÁSTICA

Ciclo de conferencias 2018 en colaboración coa Fundación Amigos do Museo do Prado

As conferencias son de entrada libre ata completar a capacidade do recinto e celebraranse os xoves 25 de outubro e 8, 15, 22 e 29 de novembro ás 20.00 horas na sede da Fundación na Coruña.

Aínda que fose recusada por Platón e, en xeral, por toda unha tradición occidental de clasicismo severo, a fantasía é un compoñente esencial da arte. É precisamente mediante a dinámica facultade da imaxinación como o pensamento humano rende o seu mellor froito, ao explorar os inconmensurables recunchos escuros da nosa realidade íntima e obxectiva, aínda nada ou pouco discernibles a través dun coñecemento soamente conceptual. Por medio da fantasía a arte acolle os nosos afectos, desexos e sentimentos dándonos en que pensar e ensanchando o noso horizonte vital. Por este motivo, non houbo civilización nin cultura en que, dalgún xeito, non se manifestase o fantástico. Neste senso, aínda que o Museo do Prado é pródigo en exemplos deste tipo de arte desde o Bosco ata Goya, o noso curso, ademais obviamente de os abordar, achegará outros modelos significativos da arte fantástica universal.
Malia a amplitude do tema, non quixemos constrinxir a nosa ambición nin na variedade de asuntos nin de formulacións. Así, seleccionáronse os mellores especialistas dentro de ambos aspectos: historiadores da arte que explicarán exemplos da arte fantástica universal, mais tamén outro tipo de sabios que nos formularán que é o fantástico en xeral e a súa manifestación noutras formas artísticas non estritamente visuais.

Francisco Calvo Serraller
Director do Ciclo


PROGRAMA

A CORUÑA (2018)

25 outubro: A fantasía bosquiana, a realidade outonal dunha época crepuscular, por Isidro Bango, catedrático de Historia da Arte, Universidade Autónoma de Madrid.

8 novembro: O fantástico na cultura grecorromana, por Luis Alberto de Cuenca, profesor de Investigación, Consejo Superior de Investigaciones Científicas.

15 novembro: Seres e mundos fantásticos no Exipto antigo, por José Ramón Pérez-Accino, profesor de Historia Antiga, Universidade Complutense.

22 novembro:  Goya: a fuxida do fantasmagórico, por Manuela Mena, xefa de Conservación de Pintura do Século XVIII e Goya, Museo do Prado.

29 novembro: Maxias, fantasmagorías, soños e pesadelos cinematográficospor Agustín Sánchez Vidal, catedrático emérito de Historia da Arte, Universidade de Zaragoza.


Isidro Bango


Luis Alberto de Cuenca


Pérez-Accino


Manuela Mena


Agustín Sánchez Vidal


Conferenciantes 2018

CONTIDOS RELACIONADOS