Inicio / Patrimonio e Cultura / Conferencias / Fundación Amigos do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía / Conferencia Marga Paz

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia "Desde Picasso ata Kentridge: a fusión das artes nos escenarios"

Marga Paz

Xoves 07 de Marzo de 2019

20:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

Marga Paz
Directora
Fundación Amigos do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía
Título: Desde Picasso ata Kentridge: a fusión das artes nos escenarios

Resumo: A wagneriana xuntanza de todas as artes para conseguir a obra de arte total tivo como consecuencia unha extrema plasticidade do espectáculo escénico.
De xeito especial na primeira metade do século XX, é probablemente o período máis privilexiado no tema que nos ocupa, por mor da gran calidade das numerosas colaboracións entre as artes. Unha serie de artistas plásticos –que eran sobranceiros representantes dos movementos da vangarda– futurismo, cubismo, construtivismo, entre os que se encontran Picasso, Leger, Malevitch, Grosz, Picabia ou Balla, participaron nalgunhas das producións escénicas máis innovadoras do seu tempo. 
Isto, ademais de pór en evidencia o importante labor levado a cabo por estes artistas nos escenarios, fai que os seus traballos neles deban ser considerado con merecemento como obras clave da arte do seu tempo.
Estes artistas converteron os escenarios nun privilexiado terreo de experimentación para as artes plásticas, nuns contextos históricos determinados que propiciaron esta situación: a Rusia da revolución do 17, a Italia do Futurismo e a Alemaña da República de Weimar, e o París do período de entreguerras.
Nos nosos días, tamén algúns artistas visuais contemporáneos traballaron en producións operísticas radicalmente renovadoras. Mais haberá poucos artistas tan implicados no teatro e máis recentemente na ópera como William Kentridge, entre cuxos proxectos operísticos multidisciplinares destaca O Nariz de Shostakóvich.





PRÓXIMOS EVENTOS