VI Conferencia Xeral AEF

Inicio / Patrimonio e Cultura / Conferencias / VI Conferencia Xeral AEF

En novembro de 2016 a Fundación Barrié celebra o seu 50 aniversario, acollendo a VI Conferencia Xeral da Asociación Española de Fundacións (AEF), o 23 de novembro. Co apoio da Fundación Barrié, a AEF está a preparar un día de encontro e reflexión para todas as fundacións. 

A Conferencia Xeral é unha boa ocasión para que os directivos das fundacións establezan, fortalezan e amplíen relacións persoais e institucionais; intercambien experiencias; e exploren posibilidades de colaboración. Tamén é unha oportunidade para que as fundacións, coa súa presenza e participación, trasladen á sociedade española un testemuño expresivo do amplo e intenso labor en actividades de interese xeral que, como sector, están a levar a cabo.

O programa da Conferencia Xeral complementarase cun concerto na Catedral de Santiago o mesmo 23 de novembro. A Conferencia Xeral será retransmitida co streaming nesta web e facebook live da Fundación Barrié.

Como principal novidade a respecto do formato de anteriores edicións, destaca a celebración da I Xornada Internacional de Comunicación e Filantropía que terá lugar o 24 de novembro coa participación de salientables profesionais de fundacións do ámbito nacional e internacional. PROGRAMA.

Grazas á colaboración da Fundación Barrié, a Conferencia Xeral será con entrada gratuíta previa inscrición. INSCRICIÓN


 
 Programa (con tradución simultánea e intérprete de lingua de signos)

10.00 h. - 10.30 h. Inauguración

 
10.30 h. – 11.30 h. Conferencia e debate
 O MUNDO QUE NOS ESPERA
 Alfons Cornella. Fundador e Presidente Infonomía
 
11.30 h. – 12.15 h. Pausa café
 
12.15 h. – 13.00 h.
ENTREGA DE PREMIOS AEF CON INTERVENCIÓNS DOS GALARDOADOS
Categoría "Iniciativa Filantrópica": Guillaume Renault
Categoría "Colaboración": Fundación Mutua Madrileña en colaboración coa Asociación de Talleres de Madrid (ASETRA) e a Fundación Exit.
Categoría "Innovación"Fundación Amigó.
Interpretación musical a cargo de Fernando Buide del Real, compositor, pianista e organista; é doutor pola Universidade de Yale e antigo bolseiro da Fundación Barrié o cal interpretará a composición de seu Tres Preludios.
 
13.00 h. – 13.45 h. Conferencia
BIG DATA E TRANSPARENCIA AO SERVIZO DUNHA MELLOR FILANTROPÍA
Bradford K. SmithPresidente de The Foundation Center, U. S.
 
14.00 h. – 16.00 h. Xantar de Networking
 
16.00 h. – 17.00 h. Mesa redonda e debate
O MUNDO QUE NON NOS ESPERA
Ángel Carracedo ÁlvarezCatedrático de Medicina Legal; director do Grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago e Premio Nacional de Xenética.
Alberto DuránVicepresidente Executivo da Fundación Once e Vicepresidente da AEF.
José Manuel Leceta. Presidente e co-fundador de Insight Foresight Institute e ex Director do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía.
Modera: Ana Millán Chapado. Directora da Fundación Accenture e Vicepresidenta da Asociación Española de Fundacións.

17.00 h. – 18.00 h. Mesa redonda e debate
EXPERIENCIAS INNOVADORAS
Ainara ZubillagaDirectora de Educación e Formación, Fundación COTEC
María Isabel PérezDirectora de Acción Social, Fundación Barrié
Maribel Ramos Vergeles. Directora da Unidade de Desenvolvemento Estratéxico, RAIS Fundación
David Cabo. Director Fundación Civio
Modera: Clara NavarroCo-fundadora, Fundación Ship2B
 
19.00 h. Saída desde a Fundación Barrié cara a Santiago de Compostela
VISITA AO PÓRTICO DA GLORIA
CONCERTO NA CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA


 
 


Inauguración Conferencia AEF


Programa Concierto


Conferencia Xeral AEF


Ponentes Conferencia


Programa Concerto

VIDEO

Rolda de prensa: Concerto Catedral de Santiago 1ª parte

Fundación Barrié

VI Conferencia Xeral AEF

Fundación Barrié

CONTIDOS RELACIONADOS