Inicio / Sala de prensa / Concierto 50 aniversario de la Fundación Barrié en la Catedral de Santiago

BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2017

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


O concerto rende homenaxe sonora ao Pórtico da Gloria

11-11-2016

A Fundación Barrié, co gallo do seu 50 aniversario, organiza un concerto na Catedral de Santiago de Compostela a cargo de Carlos Núñez en homenaxe sonora ao Pórtico da Gloria.

© Fundación Barrié

O próximo 23 de novembro, a Fundación Barrié organiza un concerto na Catedral de Santiago, co gallo do seu 50 aniversario.

 
O concerto será a cargo de Carlos Núñez acompañado de 75 músicos e rende homenaxe sonora ao Pórtico da Gloria xuntando por primeira vez todos os seus instrumentos. Catro xeracións de músicos galegos e internacionais, tanto da música antiga como tradicional, darán forma a este ambicioso proxecto baixo a dirección do que é considerado como un dos nosos músicos máis universais e un dos mellores gaiteiros do mundo.
 
A Fundación Barrié ofrecerá dúas sesións do mesmo concerto. A primeira sesión enmárcase no programa da VI Conferencia Xeral da Asociación Española de Fundacións e a I Xornada Internacional sobre Comunicación e Filantropía que a Fundación Barrié organiza na súa sede coruñesa os días 23 e 24 de novembro.
 
A segunda sesión do concerto, que terá lugar ás 22.15h, estará aberta ao público xeral con entrada gratuíta logo da retirada de invitacións.
 
Con este concerto, no que se utilizarán réplicas en madeira dos instrumentos do Pórtico da Gloria, a Fundación Barrié non só quere celebrar o seu medio século de existencia senón tamén pór en valor proxectos de recuperación de patrimonio desenvolvidos en Galicia e,  de xeito particular, na Catedral de Santiago desde as súas orixes, como a reconstrución en madeira dos instrumentos do Pórtico da Gloria; a reconstrución do coro pétreo; a catalogación e dixitalización dos protocolos notariais dos arquivos catedralicios; a restauración do órgano da Catedral, ou a restauración do Pórtico da Gloria, actualmente en curso.

 INVITACIONS ESGOTADAS