Inicio / Concerto: Orquestra de Cámara Galega

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Concerto da Orquestra de Cámara Galega

Venres 22 de Decembro de 2017

20:00

Sede A Coruña

Aforo limitado

Aberto ao público

A Fundación Barrié presenta na súa sede da Coruña un concerto a cargo da Orquestra de Cámara Galega que, na súa incesante actividade de investigación e recuperación de composicións musicais con risco de esquecemento, pon en escena obras que permanecían nun caixón na espera de seren atopadas.

Así, as obras de Baermann e de Rakov soarán no mesmo escenario que Schubert, Mozart, Piazzolla e R. Groba para o gozo de todos. Para a Orquestra de Cámara Galega, esa busca constante de pezas pouco coñecidas e nalgúns casos inéditas, é unha base que os fundamenta como orquestra de cámara, nun intento permanente de difundir obras de calidade de autores de todo o mundo, coñecidos ou non.

PROGRAMA

ANDANTE ALLEGRO DO CUARTETO Nº 1
Franz Schubert

CUARTETO Nº 12, VERSIÓN ORQUESTRA
Wolfgang Amadeus Mozart
Allegro
Adagio
Minueto


ADAGIO PARA CLARINETE E ORQUESTRA
Heinrich Joseph Baermann

OBLIVION
Astor Piazzolla
-Clarinete, Lola García

BAGATELAS
Rogelio Groba
Natural
Romántica
Elegante
Intrépida


SINFONIETTA PARA ORQUESTRA
Nikolai Rakov
Allegro Moderato
Andante
Vivo
Andante sostenuto


Duración aproximada:  70 minutos.



PRÓXIMOS EVENTOS