
Centros Penitenciarios Galicia
Programas de axuda a centros penitenciarios
Módulos de respecto e atención á enfermidade mental
A reinserción social das persoas condenadas a penas de cadea é un obxectivo posible e necesario.
MÓDULOS DE RESPECTO. A nosa actuación enmárcase no convenio (2014-2016) asinado coa Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias, do que se benefician os cinco centros penitenciarios galegos: Teixeiro (A Coruña), A Lama (Pontevedra), Pereiro de Aguiar (Ourense), Monterroso e Bonxe (Lugo), así como o CIS “Carmela Arias y Díaz de Rábago” (A Coruña). A súa liña de actuación prioritaria é o incremento e a mellora dos módulos de respecto que existen actualmente en Galicia (módulos de acceso voluntario, xestionados polos propios internos co respaldo dun equipo de funcionarios, que implica a aceptación dun código ético de conduta e a realización de actividades durante todo o día que perseguen a mellora da convivencia e a preparación para a vida en liberdade). A Fundación tamén fomenta obradoiros ocupacionais e actividades formativas nos centros.
VIDEO
Programas de ayuda a Centros Penitenciarios
Fundación Barrié
CONTIDOS RELACIONADOS