Inicio / Sala de prensa / Resolución da 27ª Edición do Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro 2016

BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2017

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


A Fundación Barrié outorga bolsas a 30 xoves para a realización de Máster e estadías de investigación predoutoral en centros académicos e investigadores de todo o mundo

01-06-2016

  • A Fundación Barrié fixo pública hoxe a resolución da súa 27ª edición do Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro correspondente ao curso académico 2016-2017.
  • As 30 bolsas (10 bolsas para a realización de estudos de Máster e 20 axudas á mobilidade predoutoral para a realización de estadías en centros de excelencia no estranxeiro) reflicten o compromiso da Fundación Barrié pola educación e capacitación do activo máis valioso de Galicia: as persoas.
  • O Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro é unha das contribucións máis notables da Fundación Barrié á comunidade, con 666 bolsas concedidas desde 1990 e cun investimento acumulado de máis de 31 millóns de euros.

A Coruña, 01 xuño de 2016.- A Fundación Barrié fixo pública hoxe a resolución da súa 27º edición do Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro para a ampliación de estudos e estadías de investigación (Máster e estadías de investigación predoutoral) en centros académicos e investigadores de todo o mundo, nun amplo abano de especialidades de interese e impacto para Galicia. A entrega de credenciais aos 30 novos bolseiros, universitarios galegos ou vinculados con Galicia, terá lugar o 1 de xullo na Fundación Barrié na Coruña.
As convocatorias anuais de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro son un Programa de referencia da Fundación Barrié, que acada a súa 27ª convocatoria coa concesión de 666 bolsas desde 1990 e cun investimento acumulado de máis de 31 millóns de euros. O Programa reflicte o compromiso da Fundación Barrié pola educación e capacitación do activo máis valioso de Galicia: as persoas.
Lanzado en 1990, o Programa persegue un triplo obxectivo:

  • facilitar o acceso ao coñecemento das mellores técnicas, métodos e procedementos;
  • proporcionar experiencias vitais nun contorno internacional e multicultural;
  • e contribuír ao desenvolvemento de vínculos académicos, sociais, profesionais e culturais de titulados universitarios vinculados a Galicia no caso das bolsas para a realización de estudos de Máster e, de xoves investigadores que desexen realizar unha estadía internacional co fin de levar a cabo actividades investigadoras conducentes á realización da Tese Doutoral, no caso das axudas á mobilidade predoutoral.
O Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro da Fundación Barrié, dirixido a graduados universitarios, licenciados ou titulados superiores, é un dos Programas de Bolsas de Excelencia máis destacado a nivel nacional e internacional.
As 30 bolsas do Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro da Fundación Barrié distribuíronse en dúas modalidades:
 
   10 bolsas para a realización de estudos de Máster
  • Cunha duración dun curso académico prorrogable por un segundo curso.
  • A nota media académica dos seleccionados foi de 8,7.
  • A media de idade dos seleccionados é de 24 anos.
  • A media de idade de experiencia laboral previa é de 2,5 anos.
    20 axudas á mobilidade predoutoral para a realización de estadías en centros de excelencia no estranxeiro
  • Cunha duración de tres a seis meses.  
  • A nota media académica dos seleccionados foi de 8,4.
  • A media de idade dos seleccionados é de 27 anos.
  • De media, as solicitudes realizáronse 1,5 anos despois de iniciar o doutorado.
Dos 30 novos bolseiros seleccionados, 16 cursaron a súa licenciatura na Universidade de Santiago, 7 na de Vigo, 3 na da Coruña e o resto en universidades fóra da comunidade galega (Pontificia de Comillas, Politécnica de Madrid, Ramón Llulll). Entre as áreas de especialización encóntranse as ciencias médicas e da saúde, administración e dirección de empresas, enxeñaría (informática, biomédica, química, montes), matemáticas, química, física, filoloxía, ciencias políticas e da administración, economía.

Centros de referencia como a Columbia University; a Stanford Graduate School of Business, a Delft University of Technology, The Imperial College of Science, Technology and Medicine; a London School of Economics and Political Science; a University of Southhampton; a Universidade Noruega de Ciencia e Tecnoloxía (NTNU); University of California Davis, New York University, The Johns Hopkins University, European Organization for Nuclear Research (CERN), entre outras (ademais de destinos en Países Baixos, República de Sudáfrica, Bulgaria, República Checa, en centros de prestixio en cada especialidade) son algúns dos destinos dos 30 bolseiros. (Anéxase listaxe de destinos e proxectos)
 

A REDE DE TALENTO DA FUNDACIÓN: A ASOCIACIÓN DE BOLSEIROS

A  Fundación Barrié conta cunha activa Asociación de Bolseiros, creada en 1996, que ten preto dun milleiro de integrantes, todos beneficiarios dos programas de bolsas para investigación, estudos universitarios ou ampliación de estudos universitarios en España ou no estranxeiro. A Asociación desenvolve actividades encamiñadas a facilitar aos seus asociados o contacto con institucións profesionais e académicas de ámbito galego, nacional e internacional e sempre a manter e alimentar o vínculo da Fundación cos seus bolseiros. 

Neste sentido, serve de vehículo para canalizar as actividades daqueles bolseiros que queiran pór ao servizo de Galicia e, en particular, da Fundación, os seus coñecementos e experiencia, para que a formación adquirida durante o transcurso dos seus estudos e investigacións transcenda o eido da mellora persoal e reverta no avance da sociedade galega.

RECURSOS DISPONIBLES